Conta atrás para sexta edición do FIC Vía XIV de Verín

Xa están dispoñibles os bonos e o merchandising oficial do certame. O custo do bono, que permite acceder a toda a programación do concurso, é de 20 euros.

Por X.M. Fernández | Verín | 05/08/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

A VI edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebra entre o 4 e o 12 de setembro, está xa máis preto. Xa están dispoñibles os bonos para acceder a toda a programación a concurso, cun custo de 20 euros. Os bonos poden mercarse na oficina de prensa do Concello de Verín en horario de mañá ou reservarse por teléfono a través do 638 077 282.

Bonos FIC Vía XIV de Verín (2021). Foto: Dpto Comunicación FIC
Bonos FIC Vía XIV de Verín (2021). Foto: Dpto Comunicación FIC

Cada bono dá acceso a unha butaca exclusiva no Auditorio, que quedará reservada durante todo o festival, e posibilita un aforro económico en relación aos tiques individuais. O bono, que é nominativo e leva incorporado o nome e o DNI do seu dono ou dona, permite, pois, acceder a toda a programación do FIC Vía XIV de Verín, agás a gala final.

Xunto aos bonos, está xa dispoñible para mercar o merchandising oficial desta VI edición do certame. Esta é a listaxe de prezos de todo o material creado este ano para por en valor o FIC Vía XIV:

1.    BONO CATÁLOGO: 25 EUROS

2.    BONO BOLSA: 30 EUROS

3.    BONO MÁSCARA ou FUNDA PARA O MÓBIL: 25 EUROS

4.    BONO CATÁLOGO+BOLSA: 35 EUROS

5.    BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS

6.    BONO+BOLSA+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS

7.    BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA+BOLSA: 40 EUROS

8.    BONO CATÁLOGO+MÁSCARA+FUNDA+BOLSA: 45 EUROS

CURTA DOCUMENTAL 'CAPUCHÓNS'

A organización do FIC Vía XIV de Verín vén de anunciar tamén o estreo oficial da curtametraxe documental Capuchóns, unha obra audiovisual sobre o Entroido de Verín elaborada por Íñigo Rolán Taboada como traballo de fin de grao. Esta peza, de 13 minutos, recupera a través de imaxes de arquivo inéditas e testemuñas dos protagonistas do carnaval a esencia desta festa durante os anos 70, 80 e 90. A estrea contará coa participación do director da peza e das persoas que constitúen a voz en off deste documental.

A curta aborda unha época na que as celebracións mantiñan un carácter enxebre, na que a fariña estaba presente todos os días e na que as carrozas non lucían só o Domingo de Entroido. Un manifesto a prol da volta a unhas tradicións que se perderon desde hai moito anos debido á visión máis turístico que colleu o Carnaval de Verín.

A curta explica tamén como se xestou o desfile de 1967, o primeiro organizado por unha comisión durante a ditadura franquista e aposta pola interacción. A través das testemuñas dos mesmos protagonistas, o usuario ou usuaria poderán navegar a través das diferentes temáticas expostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta