A moza en liberdade vixilada polo crime de Samuel chega ao xulgado entre berros de "asasina"

Tamén chegaron os tres mozos en prisión provisional.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/08/2021 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

A cuarta adulta detida polo crime de Samuel, unha moza que se atopaba en liberdade, aínda que coa obrigación de comparecencias ante o xulgado, chegou aos xulgados da Coruña ás 9,50 horas, onde coñecerá o delito que se lle imputa.

A moza chegou a pé co seu avogado coa cara descuberta e lentes de sol, ante unha gran expectación. Ás portas do xulgado atopábanse amigos de Samuel que a increparon con berros de "asasina".

Un dos investigados pola morte de Samuel Luiz acode, esposado e acompañado de axentes, ao  Xulgado de Instrución número 8 da Coruña, a 16 de xullo de 2021.. M. Dylan - Europa Press
Un dos investigados pola morte de Samuel Luiz acode, esposado e acompañado de axentes, ao Xulgado de Instrución número 8 da Coruña, a 16 de xullo de 2021.. M. Dylan - Europa Press

Os tres mozos maiores de idade en prisión provisional pola súa suposta relación co crime de Samuel Luiz chegaron aos xulgados da Coruña ás 9,05 horas deste xoves para ser informados o delito que se lles imputa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta