O centro de Saúde de Vilalonga: un só médico para atender 60 persoas diarias

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo denuncia a situación do centro de saúde, afectado polos recortes sanitarios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

No mes de agosto o Centro de Saúde de Vilalonga (O Revel - Sanxenxo) quedou cun só médico, que actualmente atende a máis de 60 persoas de media por xornada, incluso fóra de horario laboral. O pasado venres, 6 de agosto, o facultativo chegou a atender 66 persoas, o que se leva repetindo nos últimos días. Esta é a situación que denuncia a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo, que critica os recortes sanitarios que sufren no Concello, non só no centro de saúde, senón tamén no PAC de Baltar (O ervixo de Urxencias). 

Arquivo - Médico de cabeceira. FACUA - Arquivo
Arquivo - Médico de cabeceira. FACUA - Arquivo

O Centro de Saúde de Vilalaonga conta no seu equipo con 2 médicos con praza en propiedade, 2 enfermeiras, unha PSX (persoal de servizos Xerais), unha hixienista dental e unha dentista. Porén, actualmente un só médico atende o cupo de ambos profesionais, ante a ausencia de médico de substitución, o que supón unha maior carga de traballo. Dende a plataforman apuntan que se ten que asumir fóra do horario laboral "en prol de non deixar sen consulta ás persoas que tiñan unha cita para ese día pero que non deu tempo a ser contactadas en horario habitual".

Estas situación vése agravada pola existencia de pacientes de enfermería que precisan avaliación médica non previstas na listaxe inicial de traballo da xornada, as persoas desprazas, e os trámites derivados dos pacientes Covid e dos seus contactos estreitos. "Isto supón unha carga burocrática brutal que se asume con dificultade e fóra de horario laboral, co conseguinte sacrificio extra que supón para o facultativo ao que lle toca lidiar con semellante situación", denuncian dende a Plataforma en Defensa da Saniade Pública. 

Ante isto, a plataforma critica á Xunta, pois "se agora mesmo a sanidade pública se encontra con déficit de persoal é porque non fixeron nada para evitalo". Asé mesmo, piden ao Alcalde de Sanxenxo que esixa á consellería que "faga o traballo que lle corresponde e deixe de culpabilizar a quen non corresponde". "A Consellería de Saniade Pública ten unhas competencias e unhas responsabildiades que asumir, e van con mais de 10 anos de retraso", denuncian. 

A pesar de que moitas consultas se poden atender de forma telefónica, recordan que a presencialidade tamén é necesaria, e dende a plataforma destacan a labor dos profesionais, que co seu traballo fóra de hora evitan que os pacientes atendidos acudan urxencias, con problemas que non corresponden a este servizo, e que a súa saúde non se vexa agravada. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta