Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 18:18
O Goberno municipal de Ourense chamou ao resto de grupos políticos a apoiar a adquisición do recinto deportivo do complexo de Bamio para dotar á cidade de instalacións de escalada e de tenis.
Segundo indica, o complexo podería albergar un muro de escalada de máis de dez metros e permitiría dotar ao municipio dunhas instalacións adecuadas para unha modalidade deportiva "en clara expansión en España nos últimos anos".
Doutra banda, o Concello de Ourense reforzou a área social coa incorporación de novas profesionais, e o propio rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu este martes a toma de posesión de tres traballadoras como funcionarias interinas por un período de tres anos, no marco do programa integral de avance posCovid-19.
Este programa prevé contar cun total de 12 profesionais, dos 10 xa tomaron posesión e o resto farano a semana pasada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.