Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/08/2021 | Actualizada ás 19:30
Un dos principais dramaturgos de Galicia, Francisco Pillado, faleceu este xoves aos 80 anos de idade. Pillado foi promotor de varios grupos de teatro galegos, empezando polo coruñés O Facho, creado en 1965, e foi presidente da Escola Dramática Galega.
Durante a tarde do xoves foron moitas as persoas e colectivos que reaccionaron o seu falecemento. Así, a través das redes sociais, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da que era membro, a Mesa pola Normalización Lingüística ou o escritor e ex deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, expresaron o seu pesar.
Pillado tamén foi un prolixo editor e director literario de Edicións Laiovento, e tamén doutras revistas e coleccións. Tamén foi parte do consello de administración da CRTVG. Entre as súas obras, ademais de pezas de teatro, atópanse tamén catro ensaios e numerosas traducións de textos dramáticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.