Gomesende rexistra novos tremores que se sentiron en Ourense e Ribadavia

No mediodía do xoves produciuse o tremor máis forte das últimas horas, de 3,2 de magnitude e que tamén foi percibido en distintos puntos da provincia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Gomesende e os seus arredores rexistraron varios tremores ao longo das últimas horas que foron detectados polos medidores do Instituto Xeográfico Nacional.

O máis forte tivo lugar minutos despois da medianoite do venres, ás 00,12 horas. Este tremor, de 2,7 de magnitude, foi percibido en varias localidades, incluída a capital provincial  e Ribadavia.

Antes, o Instituto Xeográfico Nacional captou outros pequenos sismos na zona que tiveron como epicentro, ademais do municipio de Gomesende, outros concellos da área como A Cañiza ou Cortegada.

No mediodía do xoves produciuse o tremor máis forte das últimas horas, de 3,2 de magnitude e que tamén foi percibido en distintos puntos da provincia.

Captura do mapa do Instituto Xeográfico Nacoinal co epicentro do sismo de 2,7 de magnitude con epicentro en Gomesende e que foi percibido en varios puntos da provincia de Ourense. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL
Captura do mapa do Instituto Xeográfico Nacoinal co epicentro do sismo de 2,7 de magnitude con epicentro en Gomesende e que foi percibido en varios puntos da provincia de Ourense. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta