Ferida grave unha nena de 3 anos nun atropelo no Grove

Foi arroiada canda o seu pai.

Por Europa Press / Redacción | O Grove | 20/08/2021 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Unha nena de tres anos foi evacuada de urxencia a un hospital con feridas de gravidade despois de ser atropelada xunto ao seu pai por un coche na localidade de San Vicente, no Grove.

Ambulancia do 061.
Ambulancia do 061.

Fontes dos servizos de emerxencia relataron que o accidente tivo lugar ás 12,20 horas deste venres na rúa Pedras Negras, onde un vehículo arroiou a nena e o seu pai, de 40 anos e que sufriu feridas leves.

A nena, que, segundo o CIAE 112 Galicia, viaxaba nun carriño empurrado polo seu pai, foi evacuada de urxencia ao Hospital Clínico de Santiago con feridas graves.

Na chamada de alerta recibida pola central de emerxencias, testemuñas do accidente relataron que o carro terminou debaixo do coche e a nena tivo que ser liberada pola xente que se atopaba na zona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta