As residencias de maiores galegas suman aínda un centenar de contaxios

Nas residencias de discapacidade permanecen 57 persoas con infección activa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Os casos de covid nas residencias de maiores de Galicia non baixan do centenar, a pesar da negativización dunha infección na residencia de Someray, en Pontevedra. Tal e como informou a Consellería de Sanidade, aínda quedan activos 28 casos na residencia García Hermanos de Betanzos, 50 na das Gándaras de Lugo, seis en Val de Monterrei, e cinco na de Santa Marta de Vigo.

A residencia de Someray, onde se negativizou unha das infeccións, rexistra aínda catro infeccións activas; do mesmo xeito que a residencia de maiores de Ribadeo. Os centros Domusvi Matogrande, na Coruña, o de Santo Estebo de Perlío e o Domusvi de Vigo, contan tamén cun caso cada un.

RESIDENCIAS DE DISCAPACIDADE

En canto ás infeccións nas residencias de discapacidade, permanecen activas 57, das que 48 se atopan no CAPD Redondela e nove no Fogar e Clínica de San Rafael, en Vigo.

Dous anciáns pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021
Dous anciáns pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta