Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2021 | Actualizada ás 13:03
Os casos activos de covid en residencias de maiores baixan do centenar --cifra ao redor da que se movían desde hai días--, tras negativizarse unha infección na residencia de Ribadeo e falecer un home este sábado procedente do centro Someray, en Pontevedra. Así, polo momento rexístranse 98 casos neste tipo de centros.
Segundo informou a Consellería de Sanidade na mañá deste domingo, das 98 infeccións que aínda quedan activas, 28 corresponden á residencia García Hermanos de Betanzos, 50 á das Gándaras de Lugo, seis á Val de Monterrei, e cinco á de Santa Marta de Vigo.
A residencia de Someray rexistra aínda tres infeccións activas --tras o falecemento este sábado dun dos seus usuarios--; e outro tres casos continúan activos na residencia de maiores de Ribadeo. Os centros Domusvi Matogrande, na Coruña, o de Santo Estebo de Perlío (Fene) e o Domusvi de Vigo, contan tamén cun caso cada un.
RESIDENCIAS DE DISCAPACIDADE
En canto ás infeccións nas residencias de discapacidade, permanecen activas 53, tras a negativización de catro casos no Fogar e Clínica de San Rafael, en Vigo. Así, do total, 48 atópanse no CAPD Redondela e cinco aínda no Fogar e Clínica de San Rafael.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.