Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2021 | Actualizada ás 10:56
A Garda Civil de Celanova identificou no marco da Operación Miller a un veciño do municipio ourensán de Celanova cando regaba 45 plantas de marihuana na súa propiedade.
Nesta operación, ordenada pola Dirección Xeral da Garda Civil contra o cultivo e o tráfico ilegal de marihuana, tomaron declaración en calidade de investigado ao veciño, de 53 anos, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por cultivo de drogas.
O home estaba a regar unha plantación de 45 plantas de marihuana en estado de floración nunha leira da súa propiedade na paraxe de Moimenta, segundo a información facilitada pola Garda Civil de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.