Un lume no concello da Estrada calcina un almacén de herba seca, próximo a vivendas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Un lume no concello da Estrada calcinou un almacén de herba seca, en concreto na parroquia de Berres segundo informa o servizo de emerxencias 112.

Foi un particular quen, pasadas o dez e media da noite, informou ao 112 Galicia de que ardía un almacén de herba seca que estaba, aproximadamente, a uns 400 metros das vivendas do lugar de Porto.

Deseguido, outro particular alertaba do mesmo e sinalaba ademais que no interior non había persoas nin maquinaria, tan só herba seca. Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia deuse aviso aos Bombeiros do Deza, ao GES da Estrada, á Policía Local e á Garda Civil.

Segundo confirmaron os bombeiros aos xestores do 112 Galicia, tratábase dunha nave de dous pisos na que se almacenaba moita herba. Os servizos de emerxencia deron por controlado o lume e queda no punto unha motobomba rural do concello para evitar que o lume se reavive.

Incendio
Incendio | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta