A Administración xudicial ordena o cesamento temporal da actividade na planta de Alu Ibérica

A resolución, indican, atende a "graves problemas" para "manter en estado óptimo as condicións de saúde e seguridade" dos traballadores da factoría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2021 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A Administración xudicial ordenou o cesamento temporal da actividade na planta de Alu Ibérica da Coruña pola "falta" de carga de traballo e a "incerteza sobre o estado exacto de liquidez dispoñible".

A decisión do administrador designado pola Audiencia Nacional o pasado mes de xuño foi trasladada polo comité de empresa da antiga planta de Alcoa na cidade herculina.

A resolución atende á "falta de actividade" e a "incerteza" sobre o estado de liquidez dispoñible que carrexa "graves problemas" para "manter en estado óptimo as condicións de saúde e seguridade" dos traballadores da factoría.

Por tanto, a administración xudicial ordena o cesamento temporal da actividade e concede licenzas retribuídas ao persoal.

Compoñentes do Comité de empresa de Alu Ibérica A Coruña participan cunha pancarta e bengalas nunha concentración ante a antiga Audiencia Provincial, a 20 de maio de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Compoñentes do Comité de empresa de Alu Ibérica A Coruña participan cunha pancarta e bengalas nunha concentración ante a antiga Audiencia Provincial, a 20 de maio de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta