O galego, en perigo

O 66,9% dos nenos galegos emprega o castelán de xeito habitual, mentres que o galego tan só é utilizado polo 33,1% dos rapaces escolarizados...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/04/2007 | Actualizada ás 21:38

Comparte esta noticia

Este documento destaca a "desproporción" no uso das linguas na aprendizaxe da lectura e da escritura "claramente favorable ao castelán". Así, alertase de que a situación "deficitaria" na que se atopa a lingua galega na educación infantil e primaria, en especial no primeiro ciclo, pode representar en "moitos casos" unha desgaleguización no tránsito da familia á escola e, indirectamente, "unha incentivación da non transmisión interxeracional deste idioma".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

64 Torito

Non chega con só falar galego. O galego no lles sirve os milleiros de xovenes que cada ano teñen que abandonar Galiza porque aiqui non hai trballo axeitado para eles. Moitas Universidades: fábrica de parados. Méicos, Enfermeiras, Inxeñeiros, etc, etc...emigrando e inmigrando porque co galego só non van a ningures. E ademais xa sabedes que eu son o destrozador do galego por excelencia.

63 Caveira

Anxo, ¿e como potenciarías ti o galego?
Liberdade a escoller no que un quere falar.
Ao final, todo se reduce a que un é libre cando ten a capacidade de poder escoller entre varias linguas que ten cultivadas. Dáse o paradoxo de que os mozos e mozas galego-parlantes, sabemos falar i escribir correctamente nas dúas linguas, cousa que cos castelán falantes non soe acontecer. Se ti es analfabeto en galego, que é o que adoita pasar entre os mozos e mozas da cidade e dos pobos máis ou menos grandes, sinxelamente non estás escollendo nada, falas na única que aprendiches e que con seguridade che veu escollida por prexuízos. É a comodidade ou o pudor os que fan que se xustifiquen ridiculamente botándolle as culpas á unha falsa imposición do galego. "Lo hablaría, pero es que como te lo intentan imponer..." Simplemente non hai escusa, hai analfabetismo. Aquel mozo ou moza que en Galiza só sabe falar castelán posúe a mesma liberdade que os bailaríns verdes do anuncio de Amena. Ningunha.

62 anxo

e eu pregunto, se o 67 % dos rapaces falan castelán e unha porcentaxe mais alta os maiores ¿non forma o castelán parte da cultura dos galegos? e sigo a preguntar ¿por que non potenciamos o galego sin despreciar o castelán? e sigo a preguntar, si cada quen fala o que quere e nos entendemos ¿a quen lle molesta como falan os demais e a quen lle molesta que se fale castelán? e outra pregunta ¿por que sempre temos que buscar a outro lugar e buscar exemplos, se nos temos a nosa cultura propia?
E un comentario final, a min non me gustaría que esto fose unha especie de pais con exclusións por causas de raza, lingua, relixión,...

61 Alberte

Sr. "s", teña en conta que os irlandeses non abandonaron, nin moito menos, o seu idioma. Ata nas ruas de Dublín verá que o gaélico emprégase en todas as rotulacións. Outra cousa é que o inglés ten un estatus internacional que non ten, nin moito menos, o español.

A min gustaríame que os nenos galegos aprenderán galego (por ser a lingua natural de Galiza) e inglés (por ser a lingua internacional). O castelán xa se aprende únicamente ca presencia existente nos medios, e non faría falta nin usalo na escola.

A lección máis importante dos irlandeses é que é mellor a independencia que a sumisión. Vailles moito mellor indo por libres que baixo o dominio inglés, lóxicamente. E penso que o exemplo é extrapolable a Galiza. A poboación da República de Irlanda (26 condados) é de uns 3,5 millóns de habitantes, e a superficie de 70.000 km2. Estamos falando de cifras parecidas ós 2,8 millóns de habitantes e 27.000km2 de Galiza.

60 Caveira

Home, si despois do teu impecable lambe lambe ao encoirado cu galo, (que xa che vexo mañas experimentadas)me contestase como cho fixo a ti "trágame tierra!". Evocoume a aquela definición de "gallego" do dicionario da RAE. Estate tranquilo pois, que ata que modifiquen algunha desas entradas, corroboro o teu dereito a sentirte "gallego" de pura cepa. Por cuestións de principios non me estraña que che dera coa caxata no lombo. Por "Gallego" sobón.