GC Aberto

Outra volta de torca!

Por admin | GCAberto | 03/09/2021

Comparte esta noticia

“Un mentiroso nunca cambia, so mellora a súa estratexia”: dito popular.

Persoal médico de Atención Primaria da área de Vigo protesta contra a precariedade laboral.
Persoal médico de Atención Primaria da área de Vigo protesta contra a precariedade laboral.

O 05/05/2021, aparece en La Voz de Galicia (órgano de transmisión das noticias da Consellaría de Sanidade e do Sr. Feijoo, antes de que as saiban xs propixs interesadxs), e dí: “xs Médicxs verán incentivado o seu salario, se cumpren unha serie de obxetivos”. Vista a noticia, parece algo positivo para un colectivo que estivo dende o principio da pandemia como primeiro eslabón dunha cadea que non sabiamos como terminaría. Lida a noticia, aparecen declaracións do sr. Aboal, Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas (e autor das estratexias para cxs traballadorxs) e o que realmente di a noticia, é: “que xs Médicxs, perderán parte do seu salario, se non cumpren unha serie de indicadores incluídos no Complemento de Produtividade Variable (de 1.200 euros o ano……), que consisten en manter o 60% de presencialidade na atención nos Centros de Saúde e unha lista de agarda, menor de 4 días (incluso para chamadas telefónicas)”.

Coñecida a noticia, os Sindicatos, os Colexios Médicos, as Organizacións Sociais e de Profesionais, a Plataforma SOS Sanidade Pública, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, etc. puxeron de manifesto a súa Indignación e a súa repulsa por tales declaracións de intencións, dunha Consellaría que só fai enfrontar a poboación cun colectivo que estivo a pe de obra dende o minuto un da pandemia (e con moito coste, incluso en vidas). Pregúntome: quen dicta as ordes de actuación dxs profesionais sanitarixs nos Centros de Saúde? Quen fai o desmantelamento máis intenso da A P en Galicia? Quen deixa de invertir o que a Sanidade Pública precisa para ofrecer unha asistencia: Universal, Gratuita e de Calidade? Quen é o responsable, nos últimos 11 anos, de elaborar a política sanitaria: recortes, privatizacións, pago de medicamentos por parte dxs pensionistas, falta de previsión a hora de ter profesionais que cubran as vacantes doutrxs traballadorxs? Quen dictamina que non teñamos suficientes traballadorxs nos Centros de Saúde, como Psicólogxs Clínicxs, Fisioterapeutas, Traballadorxs Soiais, Logopedas, etc. para poder ofrecer unha atención integral e de calidade e nun tempo prudencial? Quen eliminou a Participación Cidadá na toma de decisións da estratexia de mellora da calidade asistencial, suprimindo o Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde de Área Sanitaria? Quen eliminou as Xerencias de A P e deixou como órgano de decisión a Xerencia de Hospital de cabeceira de Comarca? Quen eliminou 4 Áreas Sanitarias (recordemos Verín) cos perxuízos ocasionados a esas poboacións? Quen…?

O responsable é o sr. Feijoo e a xente que leva con él todos estes anos, facendo que a Sanidade Pública en Galicia, por moito que a venda (e como vemos o fan moi ben), ten unha serie de déficits ocasionados directamente por quen nos goberna. Xs traballadorxs, sanitarixs e non sanitarixs, non temos a capacidade de decidir: como, cando, con que medios e en que momento? realizamos o noso traballo. Deixe xa de facer “chantaxe aos traballadorxs! As axendas as fan as xerencias dos hospitais, a forma de traballar (60%-40% agora... e antes só

telefónica) a dictamina o/a xerente da cada Área Sanitaria, seguindo as directrices dxs “responsables sanitarixs” de turno.

Levamos 4 conselleirxs de Sanidade...pero a política sanitaria sigue sendo a mesma.

Teñen as conclusións do Consello Técnico de AP de Galicia dende novembro do 2019; 15 Comisións Técnicas e 208 persoas traballando arreo, que, si a administración quixera: o Novo Modelo de AP de Galicia estaría funcionando...e si invertisen o necesario, teríamos un Plan, que mellore a atención da xente, que acerque xs profesionais aos doentes, que se faga atención comunitaria, prevención, atención domiciliaria de calidade, etc.

Se temos o Sistema Sanitario que temos, é por culpa dxs que nos gobernan...e eu digo: si non fora polxs profesionais sanitarixs, a Calidade Asistencial sería aínda peor!

Ah! e a segunda reforma da Lei Galega de Saúde de Feijoo: É INCONSTITUCIONAL, como así llo dixemos cando a tramitou!

Dr. Xosé M.a Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

As axendas as fan as xerencias dos hospitais, a forma de traballar (60% - 40% telefónica) a dictamina o xerente da cada Área Sanitaria e os “responsables sanitarixs” de turno (?) Quen son os responsables sanitarios de turno? Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk