O Google Maps da Gallaecia romana

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/01/2014 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Pelagios (Enable Linked Ancient Geodata In Open Systems)  é unha iniciativa internacional, -financiada sobre todo por universidades e institucións británicas e norteamericanas- que busca  localizar " os lugares do noso pasado a través dos documentos que se refiren a el". O seu obxectivo é facelar as investigacións dos arqueólogos e historiadores pero tamén divulgar a historia do mundo antiguo entre o público en xeral.

O Google Maps da Gallaecia Romana http://pelagios.dme.ait.ac.at
O Google Maps da Gallaecia Romana http://pelagios.dme.ait.ac.at

Esta iniciativa xa publicou en liña un mapa de Europa, cunha interface similar a Google Maps, coas localizacións recollidas nas fontes clásicas, gregas e  romanas. O resultado é moi curioso, pois permite albiscar, por exemplo, como se organizaba a administración de zonas como a Gallaecia Romana. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Não aparece Madrid, cidade inventada onde as haja...