Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2021 | Actualizada ás 14:05
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, denunciou o estado dos encoros galegos que dependen da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. "Parécenos un disparate ambiental", remarcou. Por iso, insistiu na multa a estas empresas, incluída a CHMS, cunhas multas que non superan os 100.000 euros.
"Imos actuar na estreita marxe de competencias que temos", comentou, a par de que informou sobre o expediente aberto á propia Confederación Hidrográfica e ás dúas compañías eléctricas. "Foi un baleirado incorrecto que non cumpre coa lexislación no ámbito fluvial dos ríos de Galicia", apuntou.
Núñez Feijóo lembrou que os "técnicos, a dirección xeral de Conservación Natural e a Consellería de Medio Ambiente decidiron abrir o expediente". "Só temos competencia na preservación e o equilibrio ambiental en pesca fluvial", puntualizou.
Iso si, recoñeceu que lle "gustaría que a conca Miño-Sil dependese da autonomía". Ademais, puxo de exemplo que na conca baixo competencias da Xunta "non se fixo un baleirado dos encoros" e, de facerse, "sería ilegal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.