Galicia recuperará a súa Volta para que o ciclismo galego "non teña que esperar a chegada de La Vuelta"

Trátase de recuperar a antiga Volta a Galicia Profesional que no seu día tivo gañadores ilustres como Indurain, Olano ou Lejarreta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/09/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Mentres que Santiago de Compostela recibía este domingo a última etapa da Volta a España, en Galicia está a xestarse un gran evento ciclista de primeiro nivel que abarcará todo o país. A proba contaría con equipos de primeiro nivel e tería difusión global a través de canles especializadas como Eurosport.

A idea parte como recuperación da antiga Volta a Galicia Profesional (hoxe día na Categoría Elite e Sub 23), que no seu día tivo vencedores ilustres como Miguel Indurain, Abraham Olano ou Marino Lejarreta, "pero con nome e concepto renovados, e centrando os obxectivos tanto na aposta por este deporte como na promoción turística do territorio", segundo os organizadores.

"Afeccionados e público están de parabén á hora de gozar deste deporte, que conta cunha intensa vinculación con Galicia, algo que demostra,entre outras cousas, o exitoso paso da gran rolda española por terras galegas", suliñan. Ademais, destacan que, con este novo gran evento, que se prevé para para febreiro de 2022, o ciclismo galego non terá que esperar as chegadas ou pasos de La Vuelta en Galicia "para lanzarse ás estradas, empoderando en si mesmo o carácter especial do ciclismo en Galicia".





Corredores do extingo equipo galego de ciclismo Karpin Galicia
Corredores do extingo equipo galego de ciclismo Karpin Galicia | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta