A Xunta só ten activos catro dos 18 reténs contratados para combater os lumes con maquinaria pesada

Dous deles son coa empresa Eulen, e os outros con Serfonor. A maior parte dos contratos comezaron a finais de abril e remataron a comezos de agosto, aínda que o presidente da Xunta recoñeceu que a tempada de incendios estase atrasando a setembro e outubro. Medio Rural aclara que hai traballando na zona 10 bulldozers.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/09/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñecía este martes que se está atrasando a campaña de incendios xa que os máis virulentos soen ter lugar nos meses de setembro e outubro, como o que está acontecendo en Ribas de Sil. Con todo, e a pesar de que Medio Rural xa traballa coa previsión de que cada vez os incendios teñen lugar máis alá do verán, a Xunta só ten activos cinco contratos, dos 18 que realizou durante este ano, para contratar maquinaria pesada coa que combater, precisamente, os lumes.

Maquinaria pasada realizando labores de extinción de lumes
Maquinaria pasada realizando labores de extinción de lumes | Fonte: extraco.es


A Consellería do Medio rural destinou 2,26 millóns para a contratación de servizos de retén de maquinaria pesada para a extinción de incendios forestais nos distritos forestais de Galicia durante os anos 2021 e 2022. Deles xa gastou a metade, máis de 1,1 millóns en 18 contratos con distintas empresas do sector, pero, a maioría destes contratos finalizou, xa que comezaron a finais de abril, e o prazo do execución dos traballos era de 3 meses e dez días.

De feito, na actualidade só hai catro contratos que están activos nun momento de máxima actividade incendiaria e con alertas de secas nalgunhas zonas de Galicia, principalmente, nas zonas do interior do país. Dous destes contratos son con EULEN, a empresa da que é directiva a irmá de Feijóo, por 117.000 e 104.000 euros. Os outros dous restantes son para Serfonor Medioambiente Sociedad Limitada, por 106.000 e 121.000 euros.

Con todo, en declaracións de Medio Rural remitidos a este medio, este departamento aclara que "actualmente están activos 17 reténs para actuar contra o lume e só en Ribas de Sil traballaron ata 10 bulldozers".


Lote Part. Resolución Adxudicatario Importe Data difusión Prazo de execución
01 7 Adxudicado SERVITEC MEDIO AMBIENTE, S.L. 101.930,93 € 23-04-2021 11:33:25 3 meses 10 días
02 6 Adxudicado SERVITEC MEDIO AMBIENTE, S.L. 101.930,93 € 23-04-2021 11:41:28 3 meses 10 días
03 6 Adxudicado RECAL 14 NATURA SL 108.637,89 € 23-04-2021 12:04:27 3 meses 10 días
04 8 Adxudicado MANTENIMIENTO FORESTAL M.G., S.L. 104.885,51 € 16-04-2021 09:43:02 3 meses 10 días
05 11 Adxudicado SERFONOR MEDIOAMBIENTE SOCIEDAD LIMITADA 106.114,58 € 08-07-2021 11:55:42 3 meses 10 días
06 11 Adxudicado
DILIXENCIA
DEFORGAL XXI, S.L 102.123,08 € 25-05-2021 11:04:47 3 meses 10 días
06 11 Adxudicado EULEN, S.A. 117.433,40 € 23-08-2021 10:51:42 3 meses 10 días
07 11 Adxudicado EXURGA, S.L. 99.453,53 € 25-05-2021 11:06:36 3 meses 10 días
08 12 Adxudicado MANTENIMIENTO FORESTAL M.G., S.L. 96.923,78 € 05-04-2021 11:57:10 3 meses 10 días
09 7 Adxudicado FORESTACION GALICIA, S.A. 119.669,00 € 05-04-2021 12:23:43 3 meses 10 días
10 6 Adxudicado OS ERBEDOS, S, COOP. LTDA. 118.519,02 € 23-04-2021 12:17:31 3 meses 10 días
11 6 Adxudicado SERFONOR MEDIOAMBIENTE SOCIEDAD LIMITADA 121.617,10 € 30-06-2021 09:37:22 3 meses 10 días
12 8 Adxudicado OS ERBEDOS, S, COOP. LTDA. 120.118,15 € 23-04-2021 12:27:16 3 meses 10 días
13 7 Adxudicado AUXILIAR DE SERVICIOS FORESTALES GALLEGOS, S.L. (ASERFOGA) 122.427,80 € 05-04-2021 13:01:58 3 meses 10 días
14 6 Adxudicado AUXILIAR DE SERVICIOS FORESTALES GALLEGOS, S.L. (ASERFOGA) 120.842,70 € 05-04-2021 13:28:09 3 meses 10 días
15 8 Adxudicado REPOBOACIONS E DESBROCES DO NOROESTE SL 98.917,50 € 16-04-2021 09:51:53 3 meses 10 días
16 5 Adxudicado FORESTACION GALICIA, S.A. 99.549,12 € 16-04-2021 09:56:04 3 meses 10 días
17 6 Adxudicado EULEN, S.A. 104.965,08 € 22-06-2021 13:26:57 3 meses 10 días
18 5 Adxudicado TRANSPORTES Y CANTERIA ANTONIO S L 97.625,46 € 16-04-2021 10:01:53 3 meses 10 días

OBXECTIVOS

O obxecto desta contratación é o da prestación dun servizo de retén de maquinaria pesada de

extinción para a loita contra os incendios forestais. A execución do contrato inclúe a prestación dun servizo de extinción de incendios mediante maquinaria pesada. Segundo o prego do contrato, ao que tivo acceso GC, "para a prestación deste servizo, o adxudicatario disporá dun retén de maquinaria composto por tractor de cadeas, góndola de transporte e vehículo piloto".

A prestación do servizo levarase a cabo durante 40 días de dispoñibilidade durante o ano 2021 e 50 días de dispoñibilidade no ano 2022. O orzamento do contrato inclúe unha bolsa de horas de extinción e quilómetros de desprazamento do retén. A dispoñibilidade do retén será de 24 horas ao día, das cales 10 horas serán de presenza física do persoal en estado de retén e as outras 14 horas serán de dispoñibilidade, debendo permanecer localizado por teléfono e emisora a menos de 30 minutos do lugar de espera establecido para o retén de maquinaria.

O horario de presenza establecerase, de maneira xeral nos períodos de máximo risco, segundo o indicado polo CCP (Centro de Coordinación Provincial), podéndose variar por necesidades puntuais. O CCP determinará tamén o lugar no que deberá permanecer o retén de maquinaria completo (tractor de cadeas, góndola e vehículo piloto), cargado o tractor sobre a góndola e listo para saír.

ACTUACIÓN EN GALICIA E PORTUGAL

Tras a sinatura deste contrato, as empresas deberán contar con persoal suficiente para a realización de quendas de traballo sen que se supere a xornada establecida legalmente para cada traballador. O CCP debe ter sempre a posibilidade de contactar directamente co persoal asignado. Dentro dos períodos de dispoñibilidade, cando se de aviso de saída do retén de maquinaria para participar na extinción dun lume, este deberase poñer en marcha de forma inmediata cando se encontre dentro das horas de presenza física. Fora do horario de presenza, o persoal deberá desprazarse ao punto de reunión establecido nun prazo inferior a 30 minutos.

O ámbito territorial de actuación dos traballos de retén de maquinaria pesada contra incendios

forestais comprende toda Galicia, aínda que tamén se poderá actuar en zonas limítrofes das comunidades autónomas coas que exista convenio ou na zona fronteiriza con Portugal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta