O BNG leva ao Congreso a vulneración de dereitos lingüísticos dos viaxeiros que presentaron test de antíxenos en galego

Néstor Rego pide explicacións polas identificacións da Garda Civil a varias persoas de diferentes colectivos que presenciaban a Volta a España ao seu paso por Mos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, levará ao Congreso a vulneración de dereitos lingüísticos que sufriron centos de persoas con destinos internacionais desde o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela por presentar probas de antíxenos en galego.

Así, a formación nacionalista reclama ao Estado que emprenda accións para impedir que as compañías aéreas discriminen a galego falantes e intermedie para recoñecer o idioma galego a nivel internacional. E é que as aerolíneas argumentaron que non podían permitir o embarque porque o test de antíxenos, realizado en diferentes farmacias, estaba en galego.

Igualmente, Rego censura que, ademais de impedir a estes viaxeiros, "incluso as compañías néganse a reembolsar o prezo do billete aos pasaxeiros".

Noutra orde de cousas, o Bloque pide ao Executivo central explicacións polas identificacións "inxustificadas" por parte da Garda Civil a varias persoas de diferentes colectivos que presenciaban a Volta a España ao seu paso por Mos. O deputado do Bloque esixe depurar responsabilidades e establecer as sancións que correspondan ante esta situación contraria á legalidade vixente e que vulnera as liberdades e dereitos civís.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta