'Haters da violencia de xénero': a campaña da Xunta para "aprender a detectar malos comportamentos"

Vén de ser presentada en RRSS con especial foco nos mozos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

O Goberno galego lanzou unha campaña de concienciación contra a violencia de xénero, 'Haters da Violencia de Xénero', a través de redes sociais e medios tradicionais.

O obxectivo é trasladar unha mensaxe de "rexeitamento" a este tipo de violencia e ofrecer ferramentas, "en especial aos mozos", para detectar "malos comportamentos" baixo os que subxacen situacións de violencia de xénero e que, ás veces, "se desculpan e aceptan".

Deste xeito, a Xunta informou nun comunicado que esta iniciativa, enmarcada dentro das actividades do pacto de Estado contra a violencia de xénero, utiliza "códigos" estendidos entre a mocidade ao empregar o termo 'haters', frecuentemente dirixido a aquelas persoas "intolerantes" con actitudes "hostís" a través de comentarios en Internet.

"MOVEMENTO DE 'HATERS' POSITIVO"

Así, a intención da campaña é "darlle unha volta ao concepto" de 'haters', de forma que ese "odio" reivindique a "loita contra os abusos" e cre un "movemento de 'haters' positivo". Todo o contido agrúpase baixo o hashtag #HatersDaViolenciadeXenero e busca pór o foco, "non só sobre vítimas e maltratadores", senón tamén sobre "a sociedade" e en como a unión da mesma resulta "esencial" para avanzar cara a "unha Galicia máis igualitaria".

Campaña da Xunta #HatersDaViolenciadeXenero. XUNTA
Campaña da Xunta #HatersDaViolenciadeXenero. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta