Un coche resulta asulagado con catro persoas dentro tras unha treboada en Oleiros

Os catro ocupantes do vehículo foron rescatados. Houbo varias incidencias durante a noite do luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Os equipos de emerxencia axudaron a saír dun vehículo que resultou alagado polo nivel da auga da choiva na AC-12, en Oleiros, aos seus catro ocupantes, dous adultos e dous menores.

Os feitos tiveron lugar sobre as 20,30 horas deste luns, cando un particular se puxo en contacto co 112 Galicia para solicitar axuda debido a que se quedou atrapado nun coche polo nivel da auga.

Nese momento, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112 Galicia) informaron da situación á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros do Servizo de Emerxencias de Oleiros. Así, os efectivos desprazáronse ao lugar e axudaron a saír do turismo a dúas persoas adultas e a dous menores, que non resultaron feridas.

Por outra banda, desde esa hora e ata practicamente o final da xornada, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de danos e situacións de emerxencia ocasionadas polas choivas, a gran maioría na provincia da Coruña. Así, en Oleiros os equipos de emerxencia tamén traballaron para atallar danos causados por inundacións producidas na avenida das Mariñas e as rúas Perseo e Rosalía de Castro, entre outras.

AFUNDIMENTO DUN TELLADO

Noutra orde de cousas, pasadas as 20,30 horas deste luns, o teito dun supermercado afundiuse en Culleredo, aínda que non deixou danos persoais. En concreto, varios particulares contactaron co 112 Galicia para notificar que escoitaran un ruído moi forte e que observaran o derrube do teito dun supermercado na avenida Juan Carlos I.

As fortes chuvias causaron inundacións nas rúas
As fortes chuvias causaron inundacións nas rúas | Fonte: Facebook

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta