As redes estalan contra a suba da luz: "hai 20 anos pagaba 100 euros menos"

O estalido da factura eléctrica déixase sentir nas críticas dos consumidores, que apuntan ás compañías pero tamén ao Goberno.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A luz segue subindo e, con ela, multiplícanse as protestas contra un incremento derivado do cambio de modelo de factura acontecido meses atrás. Despois dun verán no que se foron marcando picos históricos case a cada semana, o descontento xeral con este encarecemento dun servizo básico déixase notar nas redes sociais, tamén nos círculos galegos, onde un tuiteiro vén de poñer cifras ao sentimento xeral de descontento.

Unha factura do consumo de luz. Eduardo Parra - Europa Press
Unha factura do consumo de luz. Eduardo Parra - Europa Press

O incremento do prezo da luz, focalizado no mercado almacenista, vén de xerar un dos principais francos débiles do Goberno de coalición PSOE-Podemos, mesmo despois de que algúns dos actuais ministros criticaran o incremento deste servizo na súa etapa entre as filas da oposición. O Goberno vén de actuar anunciando unha nova rebaixa que se traducirá principalmente en reducións fiscais, pero o rexeitamento das eléctricase e o descontento xeral segue a derivar en mostras de desilusión contra o executivo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta