O Sergas xa permite pedir cita en atención primaria de forma presencial

Feijóo e Julio García Comesaña anunciaron este mércores que comezarían xa as citas presenciais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) activou este xoves a opción de pedir cita en atención primaria de forma presencial a través da páxina web do servizo, a aplicación e vía teléfónica. Polo momento, todos os sistemas funcionan correctamente, agás naquelas versións non actualidadas, según apunta a Xunta.

Debido á situación sanitaria provocada pola pandemia de covid-19, as citas presenciais nos centros de saúde foron suspendidas e os pacientes eran atendidos vía telefónica na súa maioría.

Este mércores, no Pleno do Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta primeiro, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade despois, Julio García Comesaña, anunciaron que este xoves se volvería a abrir a posibilidade para os pacientes de pedir cita presencialmente.

Acceso ao centro de saúde Federico Tapia da Coruña.. CESM GALICIA
Acceso ao centro de saúde Federico Tapia da Coruña.. CESM GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta