GC Aberto

Negacionismos e negacionistas

Por admin | GCAberto | 17/09/2021

Comparte esta noticia

“Mais aínda seguimos aquí, a aturar tempestades de sal, resistindo

Negacionistas do coronavirus protestan ante a Cámara
Negacionistas do coronavirus protestan ante a Cámara | Fonte: arquivo

a violencia de mans desas serpes e cans que nos queren calar”.

SÉS: A Coruña, 1982. Tempestades de Sal.

Levamos un ano de pesadelo como consecuencia da Pandemia da COVID-19. Neste tempo,

sucederon moitas cousas, entre elas 21700.000 mortxs no mundo, 80.000 no estado español e 2.300 na Galiza. Infectadxs 118 millóns de persoas. O 45% dxs mortxs fórono en Residencias de Maiores (verdadeiras “ratoneiras” para a xente interna nestes centros, case todxs en mans de entidades privadas, fondos voitre e a igrexa. E seguimos padecendo unha enfermidade moi perigosa, que a medicina baseada na evidencia, pon de manifesto día a día; sabemos moito máis dela e que é moi difícil de rebatir con teorías conspiranoicas, moitas veces afastadas da realidade.

O Negacionismo fai unha distorsión ilexítima do rexistro histórico, para provocar que o que o promove, benefíciese con teorías máis favorables ou desfavorables, con respeto á evidencia. En principio, tiña como principal tema o Holocausto dxs nazis, logo o Cambio Climático e agora a Pandemia da COVID-19. Complétao a Propaganda que apela ás emocións para promover un punto de vista diferente o da evidencia científica. Na mesma línea, o Revisionismo Histórico, a Guerra da Información, a Disonancia Gognitiva, as Fake News, o Doblepensar, etc.

Entendemos por Negacionista cando as persoas elixen negar a realidade para evadir unha

verdade incómoda. Según Paul O'Shea, é “o rexeitamento a aceptar unha realidade empíricamente verificable. É, en esencia, un acto irracional que retén a validación dunha experiencia ou evidencia históricas".

En inglés, Denialism (Negacionismo) dende o punto de vista da psicoloxía do comportamento humano, é “a elección que ten unha persoa para negar a realidade como un xeito de evitar unha verdade psicolóxicamente incómoda”.

Temos negacionistas, moi “famosxs”, que déixan pegada, sobre todo na xente xóven: Miguel Bosé, Alaska, Ouka Leele, Andrea Bocelli, Ana Arias, Donald Trump ou Jair Bolsonaro; son algxns dxs que dudan da veracidade da pandemia e alentan teorías conspirativas que por desgraza están traendo moi malas consecuencias, aparte de irresponsabilidade; non entendemos como as Fiscalías dos países non actúan con toda a contundencia da que son capaces e que lles permite a lei, para evitar este desastre de proporcións épicas.

Pero temos outra xente: Toni Braxton, Robert de Niro, Lisa Bonet, Miranda Makaroff, Alicia Silverstone, Rob Schneider, Jim Carrey, Novak Djokovic... que tamén poñen en dúbida a efectividade das vacinas. O mal do negacionismo, corríxese lendo!

Xs negacionistas non son un grupo uniforme. Non é o mesmo unha nai que rechaza as vacinas para xs seus fillxs, que alguén que conscientemente difunde esa información manipulada por motivos ideolóxicos ou de outro tipo.

O Negacionismo é desinformación. Son as Fake News, cas que moita xente está interesada          en difundir e “captar” perxonaxes para a súa causa. Evidéntemente, estas accións teñen repercusións, incluso con mortxs por acción ou por omisión da realidade científica. Si nos fixamos nos grandes medios de comunicación, canta máis información dan... máis desinformada está a xente!

O Negacionismo Conspiranóico ten que ser rebatido ca evidencia científica, aínda que pensemos que é de perogrullo o que nós sabemos que é real, e que é unha solemne tontería o que se está rebatindo de forma contraria a realidade; e ésta, non pode ser posta en dúbida polas persoas que teñen a capacidade de velar pola verdade e, así, temos que saber explicala da forma máis racional si cabe, para que xs que non cren na realidade científica, non busquen os réditos sociais, políticos e económicos que leva consigo ter adeptxs a unha causa non real.

Na nosa man está ter a capacidade de dar explicacións veraces e nas masn dos gobernos a de ser líderes de opinión ca verdade científica, explicada de forma que a xente se sinta segura.

Artigo do Dr. Xosé Ma Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

As Fiscalías non actúan porque están para agochar os desastres dos Gobernos ? Supoño que esta pregunta non será tamén parte dunha teoría da conspiración, cando menos no Reino de España.

1 Gamela

Nesta Memoria da Fiscalía non figurarán nin os mortos secuestrados nas Residencias nin siquera as reclamacións dos seus familiares contra un Estado de Alarma que resultou ser Inconstitucional ! Este acto de Cinismo Institucional é o que mantén o Negacionismo (negar dereitos e liberdades de todos) https://youtu.be/8CmyCfCBT2I Agora disque sobran vacinas (e mesmo caducan) está ben o conto que nos contan cada día....