3 anos de Operación Orquesta e, por agora, ningún resultado

A Unidade de Delitos Económicos e Fiscais detivo aos alcaldes populares de Fisterra e Mazaricos e o independente de Cee.

Por Ubaldo Cerqueiro | Cee | 31/01/2014 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Este 31 de xaneiro cúmprense 3 anos do comezo da “Operación Orquesta”. Os furgóns da Policía Nacional tomaron o Concello de Cee e, entón, sucederonse as reaccións inverosímiles dos políticos afectados e unha ferveza de declaracións públicas contraditorias.

Investigacións na Operación Orquesta en Cee
Investigacións na Operación Orquesta en Cee | Fonte: Marcos Rodríguez

Ese día, axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais detiveron aos alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos, na Costa da Morte. Entón, o PPdeG gobernaba en maioría en Fisterra (José Manuel Traba) e Mazaricos (José Manuel Santos Manerio) e os Independentes por Cee (Ramón Vigo) nesta vila, co apoio do PSOE.

Tras máis de 25 imputados, 0 dimisións, varios alcaldes implicados que saíron reelixidos mesmo doblando votos, moitas explicacións, moita adxudicacións dubidosas, moita caixa B por xustificar, un  par de xuíces ao cargo… por agora, non hai resultado. E iso, que das gravacións realizadas a moitos dos políticos implicasos se desprenden conductas presuntamente irregulares.

O pasado mes de outubro sabiase que o xuizo oral estaba en camiño, a través da Audiencia Provincial da Coruña, pero dende entón non houbo ningunha nova máis. 

Curiosamente, a efeméride coincide co levantamento do sumario parcial do caso Pokemon, outro megaproceso iniciado pola xuíza Pilar de Lara que levou aos xulgados de Lugo a numerosos políticos do PSdeG, PPdeG e BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 reginodelapena

?cantos numerosos politicos do BNG foron aos xulgados de Lugo¿Pregarialle ao periodico aclarase esta aseveracion tan arriscada.Eu so sei de un ,e de momento non se di nada del,mais xa o diran.? ou cecais aconteza coma co Fernado Blanco¿.Non poño a man no lume por ninguen,mais acredito na xente do BNG.

1 d47d

Así rápido e de memoria Fernado Blanco, q segue imputado, o seu número 2, Bazarra, que segue imputado, e un concelleiro de Ourense, que dimitu tras ser imputado, e segue estando imputado.

2 reginodelapena

Eu penso que esta trabucado,Fernando Blanco leva case que un ano apartado do Campeon.Non sei quen e Bazarra,io exconcelleiro de Ourene veralo pronto desimputado.De todolos xeitos ?tres son numerosos politicos do BNG¿