Carmela Silva sobre o reparto de fondos europeos: "vexo con moita preocupación que a Xunta non colabore"

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, a presidenta provincial recoñeceu que a estrutura territorial e competencial é moi especial e que non é fácil organizar como se xestionan os fondos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2021 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reivindicou este luns o papel que deben xogar as entidades locais na xestión dos fondos europeos, do mesmo xeito que fixo o pasado venres na Comisión de Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que se celebrou en Almería.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, a presidenta provincial recoñeceu que a estrutura territorial e competencial é moi especial e que non é fácil organizar como se xestionan os fondos.

Carmela Silva expresou a súa preocupación no caso de Galicia e incidiu en que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "pide colaboración e cogobernanza ao Goberno do Estado na repartición do fondo" cando "aínda non convocou nin ás deputacións nin á Fegamp".

Este mesmo luns finaliza o proceso para elaborar a estratexia territorial da sustentabilidade turística e Carmela Silva subliñou que o proceso "non foi participativo". A presidenta da Deputación de Pontevedra remarcou que a Xunta "non consultou coas deputacións" e "nin sequera tentou acordar o deseño da convocatoria dos plans de sustentabilidade que van á estratexia territorial".

"Eu vexo con moita preocupación que a Xunta non colabore, coordine nin cogoberne", afirmou Carmela Silva esixindo, unha repartición "equilibrada e transparente" dos recursos e un cambio no "modus operandi" do Goberno galego ao que reclamou que "ten que falar menos de recuperar poder --"ademais, téñeno imposible", recalcou--, e teñen que falar máis da xente e do futuro de Galicia".

Rolda de prensa de Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Rolda de prensa de Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sí efectivamente ninguén quere falar da xente nin do futuro de Galicia ! https://i.gal/gam25 Especialmente un triunvitaro que goberna en Vigo e que non fala con ninguén ! https://twitter.com/00Gamela