Temas: MORTE FERROL

Atopan un cadáver en avanzado estado de descomposición nun piso de Ferrol

Estiman que se pode tratar dun home que residía no inmoble e que ademais sufría síndrome de Dióxenes.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 20/09/2021 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

Efectivos da Policía Local de Ferrol localizaron sobre as 17,30 horas deste luns un cadáver en avanzado estado de descomposición nunha vivenda situada no número 58 da estrada de Castela.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Segundo as primeiras estimacións, pódese tratar do home que residía na vivenda, emprazada na oitava planta, onde ademais o corpo sen vida estaba no medio de abundantes obxectos, xa que ao parecer o morador sufría síndrome de Dióxenes.

Ao lugar tamén acudiron axentes da Policía Nacional, pertencentes á Comisaría de Ferrol-Narón, así como unha comisión xudicial que foi a encargada de autorizar o levantamento do cadáver.

Os restos mortais foron trasladados ao Hospital Ribeira Juan Cardona para a realización da autopsia e a extracción de mostras para a súa identificación.

Dáse a casualidade que este é o segundo cadáver que aparece en menos de 48 horas na comarca de Ferrolterra en avanzado estado de descomposición, xa que o pasado sábado, sobre as 18,30 horas, foron localizados outros restos mortais no interior dunha adega nas proximidades do recinto feiral de San Ramón, no concello de Moeche.

Temas: MORTE FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta