Suspendida preventivamente unha empregada do cárcere de Pereiro de Aguiar por unha posible relación cun preso

Permanece suspendida de emprego e soldo desde o pasado 30 de agosto tras a apertura dun expediente.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 21/09/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Unha traballadora do centro penintenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense) permanece suspendida de emprego e soldo desde o pasado 30 de agosto tras a apertura dun expediente ante as sospeitas de que mantiña unha relación afectiva cun dos internos do cárcere.

Centro penitenciario de Pereiro de Aguiar
Centro penitenciario de Pereiro de Aguiar | Fonte: Telecinco.

A suspensión cautelar desta empregada pública da prisión ourensá foi ditada pola Secretaría Xeral de Institucións Penal, que remitiu aos xulgados as dilixencias do caso ante a posibilidade de que sexan constitutivos de delito.

Por este motivo, a traballadora está suspendida de emprego e soldo desde o pasado 30 de agosto. Segundo adianta La Voz de Galicia este martes, a empregada está investigada por supostamente manter unha relación afectiva consentida cun dos presos, que foi trasladado a outro centro penal.

Os feitos que se lle imputan poderían constituír unha falta moi grave do Estatuto Básico do Empregado Público por infrinxir as medidas de seguridade interior do centro establecidas no Regulamento Penal vixente desde o ano 1996.

Con todo, a investigación xudicial tamén deberá esclarecer se as relacións se produciron nun marco de contraprestacións entre a traballadora e o interno. Neste caso, a empregada exporíase a ser acusada dun delito de suborno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta