Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 14:38
O Tribunal Supremo avalou a sanción imposta polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a un maxistrado que se negaba a emplar ferramentas informáticas no exercicio das súas funcións alegando que a transcrición de textos non entraba dentro do seu labor e, ademais, contaba cun problema físico que lle impedía usar o computador.
A Sala do Contencioso Administrativo do Supremo desestimou o recurso presentado polo xuíz, que rexeitaba empregar ferramentas ofimáticas para transcribir os textos das resolucións aos funcionarios dos xulgados. No seu recurso, o maxistrado, que xa non exerce no TSXG, alegaba que o traballo de transcribir os textos non entraba dentro das funcións ás que estaba obrigado e que estas eran tarefas que correspondían "ao persoal funcionarial auxiliar".
Ademais, o xuíz tamén esgrimiu que padecía unha doenza que lle impedía empregar teclados durante "un tempo prolongado", á vez que sostiña que no momento en que foi expedientado non había a "obrigación" de usar medios ofimáticos "por non ser homologados pola Comisión Permanente do Poder Xudicial".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.