O Parlamento galego segue con maioría feminina tras os novos sete deputados do PP

Veñen a reemprazar os conselleiros da Xunta que abandonaron o escano para "centrarse" nos labores de goberno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2021 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Catro novos deputados e tres novas deputadas do PPdeG tomaron posesión do seu cargo no pleno que arrincou este martes na Cámara autonómica, que mantén maioría feminina, cun 52% de mulleres: 39 mulleres ocupan outros tantos escanos dos 75 que conforman o hemiciclo autonómico.

No arranque desta sesión, na que se volveron a ver convidados na tribuna do Parlamento á primeira hora, e pola circunscrición electoral da Coruña, tomaron posesión Adrián Pardo López; María Begoña Freire Vázquez; Rosalía López Sánchez; e Jesús Miguel Prado Patiño. Pola circunscrición de Ourense, asumiu o seu escano Carlos Gómez Salgado; e pola provincia de Pontevedra tomaron posesión Moisés Rodríguez Pérez, e Belén Cachafeiro.

Substitúen os ocos deixados polos sete conselleiros que deixaron o Parlamento para centrarse no seu labor na Xunta --paso que deron todos a excepción do vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; e do vicepresidente segundo e responsable de Economía, Francisco Conde--.

SÓ DOUS PROMETEN O CARGO

Todos os novos deputados optaron por xurar o seu cargo, fóra de Prado Patiño e Moisés Rodríguez, que recorreu á fórmula da promesa. Coa entrada dos novos parlamentarios, o Grupo Popular quedará conformado por 20 mulleres e 22 homes; mentres que o do BNG ten 11 mulleres e oito homes; e o dos socialistas, oito mulleres e seis homes.

Imaxe do hemiciclo do Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA
Imaxe do hemiciclo do Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta