O BNG pide para Galicia avances e investimentos "significativos" para apoiar os PGE de 2022

A creación dunha "tarifa eléctrica" ou avanzar na transferencia da AP-9 para que sexa "galega e sen peaxes" son algúns dos puntos que tamén resaltou o deputado do BNG, que incidiu en que a súa formación estará "atento" para que o proxecto de orzamentos "sexa bo para Galicia e as clases populares".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2021 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O BNG considera que existen tres cuestiones fundamentais para dar o seu apoio aos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 nos que traballa o Goberno: un aumento do investimento en Galicia co foco posto en infraestruturas e servizos ferroviarios, impulsar políticas sociais e que existan "avances significativos" no cumprimento dos puntos do acordo de investidura selado a principios de 2020.

Así llo trasladou o deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego ao ministro da Presidencia, Félix Bolaños, na reunión mantida este luns no marco dos contactos que leva a cabo o Executivo central de face a explorar posibles apoios para sacar adiante as contas do próximo ano.

Alí, segundo recolle un comunicado do BNG, o parlamentario manifestou a súa vontade de diálogo para negociar e que, deste xeito, os orzamentos de 2022 recollan unha subida do investimento en Galicia "para non repetir a discriminación" que, para Rego, houbo nas contas de 2021.

Neste sentido, sinalou a mellora dos servizos ferroviarios ou as melloras das políticas sociais a través de máis financiamento para a Lei de dependencia ou a creación de xulgados de violencia de xénero como outra das condicións do Bloque para apoiar o PGE.

Ademais, Rego tachou de "imprescindible" que o Goberna cumpra coas medidas contempladas no acordo de investidura polo que o BNG votou a favor da investidura de Pedro Sánchez en xaneiro dde 2020.

A creación dunha "tarifa eléctrica" ou avanzar na transferencia da AP-9 para que sexa "galega e sen peaxes" son algúns dos puntos que tamén resaltou o deputado do BNG, que incidiu en que a súa formación estará "atento" para que o proxecto de orzamentos "sexa bo para Galicia e as clases populares".

O deputado do BNG, Néstor Rego, xunto ao ministro da Presidencia, Félix Bolaños. BNG
O deputado do BNG, Néstor Rego, xunto ao ministro da Presidencia, Félix Bolaños. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta