A Xunta espera que Galicia compita en "igualdade de condicións" para que os fondos europeos cheguen ás pemes

O Goberno galego quere facer da dixitalización e a sustentabilidade un elemento transversal .

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/09/2021 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reiterou este mércores que Galicia espera poder competir en igualdade de condicións que o resto de comunidades autónomas para que a repartición dos fondos europeos chegue ás pequenas e medianas empresas.

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde
O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde | Fonte: Xunta de Galicia.

Segundo dixo, os proxectos tractores da candidatura galega buscan facer da dixitalización e a sustentabilidade un elemento transversal e integrar neles ás pemes, que teñen que ser as principais beneficiarias destes fondos.

Así o manifestou tras asistir á asemblea xeral extraordinaria do Círculo de Empresarios de Galicia, que nomeou o seu novo presidente, Manuel Rodríguez Vázquez, do que Conde destacou a súa experiencia en sectores como o naval.

No acto, o vicepresidente económico estivo acompañado polo conselleiro de Medio Rural, José González, e sinalou que o novo presidente do Círculo de Empresarios de Galicia asume o cargo nun contexto cheo de retos que pasan por impulsar a transformación e a resilencia do tecido económico.

Non se trata de volver ao momento de partida, indicou Conde, senón que a recuperación significa lograr que a economía sexa máis resiliente transformando o modelo produtivo sobre a base da dixitalización e a sustentabilidade.

"Son retos estruturais", engadiu, que conviven con outro conxunturais froito das imprudencias da política enerxética do Goberno central. Así, citou a factura eléctrica que dispara os custos de produción nunha industria que tamén ten que facer fronte á crise dos microchips ou á alza do prezo das materias primas.

Neste sentido, avogou pola unidade, a cooperación e a suma de esforzos. E apostou pola colaboración público-privada como a mellor fórmula para afrontar o contexto actual, onde a Xunta espera atopar no Círculo de Empresarios de Galicia un interlocutor disposto a facer achegas e propostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta