Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/02/2014 | Actualizada ás 17:41
O Xulgado Número 1 de Carballo ordenou esta mañá o rexistro das oficinas do Concello de Coristanco. Os axentes da Gardia Civil chegaron ao redor das dez da mañá e siguen arestora no municipio como parte dunha investigación sobre presunto tráfico de influencias e prevaricación.
Os funcionarios están a recoller os documentos das contratas coas empresas Alejandro Martínez e Hijos, Gesmaga y Estarlanz dende o ano 2009, segundo La Voz.
O alcade, Antonio Pensado Plágaro (PPdeG), non deu polo de agora explicacións, malia que si informou mediante unha nota de prensa que mañá terá unha reunión coa oposición para explicarlles o sucedido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.