Sanidade non comunica falecidos por COVID este luns

O número de vítimas en Galicia é de 2.639.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non comunicou novos falecementos coa covid-19 na xornada deste luns, polo que as vítimas en Galicia mantéñense en 2.639.

O domingo as autoridades sanitarias galegas si informaron dunha morte coa covid-19. En concreto, tratouse dun home de 89 anos que fora diagnosticado coa enfermidade.

Segundo sinalou Sanidade, a vítima, ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), presentaba patoloxías previas.

Vacinación contra a COVID-19
Vacinación contra a COVID-19 | Fonte: Junta de Andalucía - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta