Nove concellos reciben bandeiras verdes

Curtis, Ordes, Alfoz, Mondoñedo, Parada de Sil, Outeiro de Rei e Sober conseguen por primeira vez o recoñecemento

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/10/2021 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

A Xunta concedeu nove bandeiras verdes de Galicia a outros tantos concellos, co obxectivo de recoñecer o seu esforzo e a súa implicación na protección dos elementos máis representativos do país: a paisaxe e o patrimonio natural.

Director do IET coa bandeira verde
Director do IET coa bandeira verde | Fonte: CONCHI PAZ - Xunta de Galicia - Arquivo.

Deste xeito, no marco da segunda convocatoria, os concellos de Curtis, Ordes, Alfoz, Mondoñedo, Parada de Sil, Outeiro de Rei e Sober conseguen por primeira vez a bandeira verde de Galicia; mentres que Porto do Son e Moaña revalidan este recoñecemento, despois de que na primeira edición --a de 2020-- fosen os primeiros e únicos municipios que ondearon o distintivo.

Con estes galardóns, o Goberno galego premia a aqueles concellos que destacan polas súas boas prácticas ambientais de conservación e protección da paisaxe, á vez que se converte nunha correa de transmisión entre o traballo que fan as administracións locais e a implicación da cidadanía. Ademais, destaca que son unha forma de pór en valor a rica e extensa diversidade paisaxística de Galicia e de apontoar a idea de Galicia verde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 TeuPai

E porque estamos a protestar em Ordes para que não fique tudo içado de eólicos. Se fosse pelo PP teríamos um diante de cada casa.