"Nun momento en que os recursos naturais son máis importantes que nunca para un sector industrial que está en pleno proceso de descarbonización, o rural ten que estar na axenda das administracións e das empresas", incidiu no II Encontro de Sober.
  comenta   0
Os arrestados utilizaban o martelo hidráulico subtraído nos traballos que desempeñaban, para o que o reformaron e adaptaron para axustalo a unha escavadora da que facían uso.
Os populares sosteñen que "o propio Goberno de España en resposta oficial corrixe o anuncio que fixo o ministro Puente durante unha visita á cidade de Lugo" e recoñece que "a variante da Pobra de San Xillao supón unha posible mellora significativa nos tempos de viaxe".
O club 'Os Irmandiños', no Concello de Pantón, reúne a tiradores do propio concello e tamén de Sober, Monforte, O Saviñao e ata de Quiroga. Ademais de galegos, destaca a presenza de xente doutras nacionalidades: ingleses, holandeses, polacos, australianos, arxentinos...
Os datos publicados polo consello regulador constatan, segundo o Sindicato Labrego Galego (SLG), unha diminución de vendima nas uvas tintas de 1.780.408 quilogramos. Supón máis dunha cuarta parte con respecto a 2023, case un 27 %. "Esta cifra supera as peores previsións", incide.
  comenta   0
É un dos proxectos claves da axenda do BNG en materia de enerxía que di que é "propaganda". Tamén o PSdeG di que este novo anuncio favorecerá "ás empresas privadas". Rueda comparecerá no Parlamento o 8 de outubro para explicar as "liñas estratéxicas" do Executivo.
  comenta   0
Viticultores da Ribeira Sacra protestarán este domingo durante a xuntanza de Rueda co seu equipo.
  comenta   0
O obxectivo deste encontro é deseñar, en diálogo coa súa ducia de conselleiros, as liñas de acción a curto prazo para a Xunta e tamén os plans estratéxicos para a lexislatura.
  comenta   0
O concello onde os nacionalistas obtiveron máis votos foi A Pobra do Brollón, onde sacaron un tímido 35,45 %. Ata en 25 concellos quedou por debaixo do 20 % dos votos a formación de Ana Pontón, co peor resultado en Ribeira de Piquín, onde caeu ata o 7,75 % dos votos.
  comenta   0