O suposto uso de marisco ilegal volve poñer o programa de MasterChef na Coruña no foco da polémica

A Xunta anunciou a apertura dunha investigación e asegura que tomará as medidas oportunas segundo o que arroxen os resultados.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2021 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A polémica rodeou o programa de MasterChef na cidade da Coruña desde o primeiro momento. Logo de que as críticas correran como a pólvora a conta da imitación do acento galego nun pequeno sketch que non gustou a todo o mundo, o foco volve situarse neste programa de cociña debido á presunta utilización de marisco ilegal durante a elaboración das receitas que o xurado encomendou ás celebrities participantes.

O presentador deportivo Juanma Castaño, no programa Master Chef, suxeitando dúas femia de lumbrigante con ovas.
O presentador deportivo Juanma Castaño, no programa Master Chef, suxeitando dúas femia de lumbrigante con ovas. | Fonte: RTVEs

Foi o mariñeiro Rogelio Santos Queiruga quen alertou sobre este asunto. Nas imaxes emitidas en prime time da TVE obsérvase como algúns dos produtos que empregan - en concreto, dous exemplares de lumbrigante - teñen ovas e, polo tanto, están en fase de cría. A normativa existente prohibe a pesca e o consumo deste tipo de especies, e é por iso que a Xunta de Galicia anunciou a apertura dunha investigación para aclarar o uso de marisco ilegal nas súas receitas. 

Segundo informa Eldiario.es, o Goberno galego iniciou as xestións pertinentes e asegura que tomará as medidas oportunas segundo os resultados. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta