A vinculación da Pokemon no Barbanza

José Luis Torres Colomer e Manuel Ruiz Rivas tamén aparecen no sumario da xuíza Pilar de Lara como tocados para realizar varias infraestruturas que coñecía tamén Carlos Negreira.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 17/02/2014 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Operación Pokemon, considerada ata agora a maior trama de corrupción política de Galicia, tamén alcanza a dous importantes persoeiros do PP ribeirense: o actual alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e o exalcalde, agora senador e tamén presidente da xunta consultiva do Parque Natural de Corrubedo, José Luis Torres Colomer. Un dos principais imputados na trama, que xa pasou pola cadea e saíu tras pagar fianza, a man dereita do exalcalde de Santiago, Ángel Espadas Díaz (Puñales, no alcume que lle puxeron outros membros da trama), tiña a ambos como contactos para buscar posibles adxudicacións de obras e servizos das que tamén estaba ao tanto o actual alcalde da Coruña, Carlos Negreira.

Torres Colomer, Carlos Negreira e Ruiz Rivas nunha rolda de prensa
Torres Colomer, Carlos Negreira e Ruiz Rivas nunha rolda de prensa | Fonte: certo.es

Segundo se recolle -transcribimos de xeito íntegro- no sumario da Operación Pokemon, "se sabe que ofrecía información Manolo Ruíz (Alcalde de Ribeira) sobre un concurso para una Obra de las pistas de Paddle de Ribeira, el día 11-09-12, sobre las 11 :21 horas, Ángel Luís Espadas Díez llama a Albino Vázquez Aldrey. Quedan a las 13:30 en la Diputación para tomar el café con Manolo Ruíz (Alcalde de Ribeira), porque le dijo que ya se presentaron otros 2 (Obra de las pistas de Paddle de Ribeira por la que Espadas se interesa para Unika). Espadas le informa a Francisco Sánchez Varela que ha quedado hoy a las 13:30 con el Alcalde de Ribeira. Fran le dice que le ha echado un vistazo a lo relativo de la obra de las pistas de Paddle y no pinta muy bien; que no le parece que sea muy rentable económicamente".

Mais os manexos que querían facer xa os comentaran uns días antes, o sete de setembro de 2012. Polo visto, Albino Vázquez coméntalle a Espadas por teléfono que tiña que mirar "lo de nuestro amigo" pero que "no hubo manera, porque "20-60, una cosa así, ¿eh?". Albino le dice que hay mucha diferencia, que imposible (Se trata de un tema de catastro en A Coruña al que se había presentado GRS y se lo ha llevado lbisa Norte, según se desprende de llamada posterior). Albino le dice que lo segundo, lo de ese otro amigo suyo de aquí de Galicia, que adelante, que Espadas vaya adelante, que ese amigo le va a echar una mano, y que el próximo Viernes quedan con él para tomar algo después del pleno de la Diputación (Por llamada posterior, se trata de la obra de las pistas de Paddle de Ribeira)". Precisamente, quedan na Deputación da Coruña porque Ruiz Rivas tamén é deputado provincial.

Espadas Díez queda en verse con outro dos implicados na trama, quen lle pregunta "qué tal en Coruña. Espadas le dice que bien, que estuvieron hablando de ciertas propuestas para Emalcsa que le planteó Aquagest a Negreira (no medio da foto, responsable do PP provincial e agora alcalde de Coruña). Espadas le dice que ya movió ficha con lo de la obra de Ribeira y le han dicho que para adelante. Fran le dice que lo hablan en persona el lunes, porque le da un poco de respeto lo del teléfono".

Finalmente, a adxudicataria para construír as pistas de pádel foi Construcciones Anspal, S.L, por un prezo de 210.097,83 euros. Xusto a semana pasada foron abertas para o uso público, no chamado "Centro da Raqueta" no pavillón de Coroso.

Agasallos: maletas de marca caras

Dez días despois, o 21 de setembro do mesmo ano 2012, José Luis Míguez Rey (delegado de Aquagest en Santiago, que foi enviado a prisión por negarse a declarar) chama a unha muller que non foi identificada e coméntalle sobre as detencións do día 20 e exculpa a un tal Alberto decíndolle "que para ganar los concursos hay que hablar con los politicos, hacer regalos, que eso lo hace él todos los dias y la sociedad está montada así". Xa en conversa do dous de outubro de 2012, o mesmo Míguez recibe chamada dunha tal María Eugenia, quen lle comenta que "en Barcelona están en ello, pero no saben cuando. Hablan de unas maletas, para regalar por la renovación de Ortigueira, que también las regalaron cuando renovaron Ribeira. Míguez le dice que necesitan 50 ó 100 maletas, para febrero". Cando se refire á renovación, é a da concesión dos servizos que Aquagest presta en moitos concellos galegos, entre eles Ribeira ou A Pobra do Caramiñal. Segundo esta conversa, cada vez que se renovaba os políticos do goberno de turno recibían agasallos, no caso de Ribeira, maletas, que noutros concellos foron da marca Tous, unha prestixiosa marca de luxo catalana.

Vendex tamén contacta con Torres Colomer

No mes de febreiro de 2012 interceptou o Servizo de Vixilancia Aduaneira unha chamada dun dos líderes da trama, José María Tutor (da empresa Vendex) a Alberto Quintana -gerente de Sermasa, relacionada con Vendex-. Este comunícalle que saíu o concello de Ribeira "por lo de las limpiezas y que el lunes va para allí que controla al jefazo, y que era Torres Colomer". En marzo de 2012, Tutor dille a Quintana que "hay que poner más gente de lo que hay ahí. Jorge dice que hay unas dependencias que lo hace los del IMNORSA y no saben que gente, ¿qué presupuesto os hago? . Tutor le dice que va a ir la semana que viene. Tutor le dice que nosotros estamos muy holgados, nunca lo ganamos por barato. Jorge dice que en Ribeira una parte la tiene URBASER, otra LINORSA, hay dependencias que las hace EL CONSERJE".

Xa no tomo 55, páxina 582 do sumario da Pokemon, explícase que o 27 de decembro de 2012, José Luis Míguez Rey chama a Casimiro González Fernández decíndolle que Míguez "en media hora le tiene el anuncio ahí. Míguez le comenta que en Ribeira no recogen nada, que era la dirección de los padres (refiriéndose al alcalde de Ribeira) y tienen orden de no recoger nada; y en Rianxo no estaban y dejó una nota en los dos sitios. Casimiro le dice que le dieron las gracias. Míguez le pregunta si fueron Pedro y Sonia (trabajadores en el ayuntamiento de Rianxo) Casimiro le dice que Pedro". A xuíza instructora, Pilar de Lara, xunto cos investigadores, chegaron á conclusión de que a trama referíase a pagos, subornos e agasallos con nomes en clave, como, neste caso "anuncio", e noutros falábase de botes de pintura ou incluso chourizos. A trama, ademais de cartos a algúns dos políticos, adoitaba facer agasallos como botellas de viños caros, reloxios ou bolsos.

Do xornal colaborador Certo.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 o noso picuidiño fala!!!

e xente de gandeira, para sacar os pastos de inverno, xente que ten 50 ovellas (MERDE-IRENTAS) e enton fan lu-MES o sol, e arde o monte (o monte cheo de toxos e xestas) esta todo en estrés hídrico polas xiadas, enton arde, arde todo moi ben... e xente da zona non son os extraterrestres co raio da MORTE dos pratios voantes de marcianadas... van apagar con avions e facer espectáculo a untada da malicia (frijoles o amigo do narco) vale mais os cartos do avión no queroseno que todo o que arde, pero sobran os cartos e sempre son necesario algo de "farsas aéreas" o importante non e o que fan sinon si podesen entresacar o toxo o noso picudiño xa asfixiado e non soamente polos fumes sinon que esa arrodeado de xestas de Australia... A XESTES VEÑEN DE AUSTRALIA... veremos tamen si o final resulta detido algún forestal...