A alcaldesa da Coruña, sobre o programa 'MasterChef': "Non vou entrar en polémicas televisivas"

Inés Rey valora que "se vise A Coruña en todo o seu potencial turistico, cultural e gastronómico".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 11/10/2021 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou que non vai entrar en "polémicas televisivas", ao ser preguntada polas xurdidas en torno ao programa de 'MasterChef' rodado na Coruña.

Masterchef na Coruña
Masterchef na Coruña | Fonte: RTVE.

A preguntas dos xornalistas, dixo que non o vai a facer "máis aló do que manifestei", despois de que nun programa de radio asegurase, sobre a imitación do galego que se fixo no programa, que sentiu "vergoña allea".Así, eludiu seguir profundando neste tema.

"É un programa no que máis de dous millóns de persoas puideron ver esta cidade que era o obxectivo, que se vise A Coruña en todo o seu potencial turistico, cultural e gastronómico", sinalou respecto ao contido vinculado coa propia cidade.

Polo suposto uso de marisco ilegal, a Xunta confirmou que iniciou xestións para "aclarar" este feito. Antes, usuarios de redes sociais, entre eles representantes políticos, escritores e portavoces do movemento asociativo, criticaron a imitación do galego que se fixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta