Por gcdeportes | Vigo | 22/02/2014 | Actualizada ás 22:24
Ficha técnica:
Celta: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontas, Jonny; Borja Oubiña (Krohn-Delhi, 57'), Álex López; Augusto (Nolito, 70'), Rafinha, Orellana e Charles (Santi Mina, 78').
Xetafe: Moyá; Valera, Alexis, Lisandro, Roberto Lago; Borja Fernández (Lacen, 77'), Juan Rodríguez; Pedro León, Pablo Sarabia (Rafa, 54'), Diego Castro; e Lafita Ciprián, 75').
Goles: 0-1: Lafita (20'). 1-1: Rafinha (58').
Árbitro: Clos Gómez (aragonés). Expulsou a Lisandro por dobre amarela (29' e 52'). Amarelas a Jonny (21'), Álex López (22'), Charles (27'), Nolito (90') e Orellana (91') no Celta e a Borja Fernández (13'), Alexis (42'), Juan Rodríguez (50') e Valera (90') no Xetafe.
Incidencias: partido da 25ª xornada da Liga BBVA disputado no Estadio de Balaídos ante 20.565 espectadores. Minuto de silencio polos pasamentos do ex-directivo José Carlos Lemos e do socio Juan Luis Montenegro Gestoso.
O Celta controlou de principio a fin, pero atopouse cun gol en contra nunha contra no minuto 20 do Xetafe. Os celestes xogaron cunha marcha menos ata que o Xetafe quedou con dez. Entón apuraron o paso, e tiveron ocasións dabondo para marcar, pero só Rafinha o conseguiu. Os celestes, que melloraron con Krohn-Delhi no campo, suman xa cinco xornadas sen perder.
Dende o inicio houbo máis dominio do Celta, pero as dúas primeiras ocasións foron para o Xetafe. Yoel despexou a primeira e na segunda, Pedro León foise de tres defensas e a piques estivo de marcar cun tiro cruzado. No minuto 20, chegou o 0-1, nun pase rápido para Lafita, que disparou dende fóra da área para batir a Yoel, un chisco descolocado.
O Xetafe, necesitado de puntos, tiña o partido onde quería: cun gol a favor, botouse atrás, e o control foi absoluto do Celta, que pouco a pouco foi mellorando e gañando intensidade no ataque. Orellana lanzou unha falta ao longueiro e Augusto disparou coa esquerda preto do pau. Outro disparo de Orellana levou perigo ao non atallar Moyá en primeira instancia. Yoel estivo atento para atallar un remate de Lisandro nunha xogada de estratexia de falta.
O partido trocou ao pouco de reiniciarse. Un regate de Charles provocou o agarrón e a expulsión de Lisandro e Luis Denrique meteu no campo a Krohn-Delhi no canto de Oubiña. Axiña chegou o gol nunha sensacional xogada de Rafinha (1-1, minuto 58) e aínda media hora por xogarse.
O Celta chegaba con facilidade á área rival. Jonny rematou dentro da área pero petou nun defensa. E Augusto errou só diante do meta tras pase de Kronh-Delhi. O Xetafe estivo todo o segundo tempo metido no seu campo e non inquietou en ningún momento a Yoel.
Rafinha deixou só a Orellana, que rematou frouxo ás mans de Moyá. Nolito, que entrara por Augusto, tamén tivo as súas ocasións: un disparo de falta que petou na barreira e outro remate ao pau. O segundo non chegou e o Celta acadou un empate que soubo a pouco. Cinvo xornadas sen perder: tres vitorias e dous empates na casa. Once dos últimos 15 puntos. A vindeira semana, co Elche.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.