A Xunta defende a "planificación ordenada" e "garantista" do sector eólico

Francisco Conde afirma que o Goberno autonómica busca conxugar desenvolvemento en condicións de seguridade xurídica con protección do medioambiente.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/10/2021 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia defendeu este mércores a "planificación ordenada" do sector eólico na comunidade e insistiu na necesidade de conxugar desenvolvemento en condicións de seguridade xurídica con protección do medioambiente. Así o trasladou o vicepresidente do goberno galego e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, en declaracións aos medios no marco dunha visita á factoría do grupo Stellantis en Vigo.

Conde subliñou que a Xunta tomou "a iniciativa" para "conxugar planificación ordenada" do sector "a través da seguridade xurídica" e, "ao mesmo tempo, garantir a protección ambiental", en alusión ás medidas contempladas na lei de acompañamento aos orzamentos de 2022.

Dita lei recolle unha moratoria de 18 meses nos que non se poderá solicitar a instalación de novos parques eólicos (salvo casos de "clara incidencia" económica e social no territorio), así como a obrigación de que os aeroxeradores estean situados polo menos a 500 metros de núcleos de poboación.

Segundo apuntou o vicepresidente económico da Xunta, as medidas están "orientadas a garantir un desenvolvemento ordenado do sector" e tamén "responden os prazos de tramitación" establecidos polo Goberno, e que tiveron un "efecto chamada" para tramitar parques eólicos "que aínda non tiñan un grao de maduración suficiente".

Por outra banda, engadiu, esa planificación debe ter "garantías xurídicas" para os promotores dos proxectos e, ao mesmo tempo, cumprir "todas as garantías ambientais e de afeccións que teñen os parques eólicos". "A Xunta mantén o seu obxectivo de impulsar as enerxías renovables, e o obxectivo de protexer o medioambiente, facendo que ese desenvolvemento sexa ordenado e garantista", concluíu Francisco Conde.

Arquivo - Francisco Conde, conselleiro de Economía na Radio Galega. RADIO GALEGA - Arquivo
Arquivo - Francisco Conde, conselleiro de Economía na Radio Galega. RADIO GALEGA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta