O xuízo dunha aspirante en Navantia excluída por "exceso de coñecemento", visto para sentenza

Este xuízo foi aprazado o pasado 18 de marzo ao estimar o xuíz naquela ocasión que era necesario citar ás persoas que foron contratadas a través de dita convocatoria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O titular do Xulgado do Social número 2 de Ferrol deixou visto para sentenza o xuízo celebrado no mediodía deste xoves, 21 de outubro, pola denuncia dunha muller contra a empresa naval pública Navantia ao excluíla como candidata ás prazas de técnico superior júnior, con menos de tres anos de experiencia, na convocatoria do 2019. A compañía alegou "exceso de madurez persoal" e "exceso de coñecemento persoal".

Este xuízo foi aprazado o pasado 18 de marzo ao estimar o xuíz naquela ocasión que era necesario citar ás persoas que foron contratadas a través de dita convocatoria.

Previamente á celebración do xuízo, integrantes da sección sindical da CGT no estaleiro de Ferrol concentrouse ás portas do edificio xudicial para trasladarlle o seu apoio á afectada e para denunciar "a arbitrariedade e subxectividade con que actúa a dirección de Navantia nos procesos de selección".

No xuízo, que se prolongou durante máis de dúas horas, os letrados representantes de Navantia admitiron que a candidata obtivera moi boas puntuacións, pero que durante o período de observación detectaron que tiña cualidades que en realidade correspondían a un perfil sénior, para os que é necesario contar con máis de tres anos de experiencia laboral, e que por iso a excluíron.

NON CUMPRÍA OS REQUISITOS

Por outra banda, a representación da afectada detallou que a candidata non podía presentarse ás prazas sénior por non cumprir coas bases, xa que non contaba co tempo mínimo requirido de experiencia.

Ademais, "unhas prazas son excluíntes das outras, xa que ou tes menos de tres anos de experiencia ou máis, pero ambas as opcións son excluíntes e incompatibles", explican. Inciden ao mesmo tempo que Navantia validou a súa inscrición para estas prazas e, precisamente, non foi excluída por cumprir os requisitos, algo que tamén quedou validado para esta parte coa realización da proba de dinámica de grupo.

O secretario da cección sindical da CGT en Navantia Ferrol, Xaquín García Sinde, en declaracións a Europa Press, criticou a actitude da dirección da empresa pública. "Navantia establece uns requisitos e se unha persoa cúmpreos, pois é acta para esa proba, e con este requisito dos anos de experiencia está claro que os dous grupos son incompatibles, ou estas en un ou estás noutro, pero non podes ser júnior e sénior á vez", deixa claro. Xunto a isto, Sinde detallou que esta candidata, "tras a súa primeira exclusión, inscribiuse como sénior, pero foi rexeita por incumprir as bases".

PUNTUACIÓNS

A excluída presentouse a unha convocatoria de 2019, con 42 prazas e 127 aspirantes. Así, na proba de dinámica de grupo avaliáronse sete aspectos diferentes, onde se podía obter en cada un deles unha puntuación que ía de 0 a 3 puntos.

Segundo a CGT, sete candidatos obtiveron a máxima puntuación, é dicir, 21 puntos, mintas que outro seis, entre os que está a muller excluída por Navantia, "obtiveron 20 puntos". "Estariamos ante unha do trece mellores notas entre un total de 127 persoas para cubrir 42 prazas, pero Navantia exclúea do proceso", denuncian.

Integrantes da CXT ás portas dos xulgados de Ferrol. CXT
Integrantes da CXT ás portas dos xulgados de Ferrol. CXT | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta