Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 14:06
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, criticou os "insultos" de dirixentes de Podemos ao empresario Amancio Ortega pola doazón, a través da súa fundación, de 280 millóns de euros a Sanidade para a compra de dez equipos de protonterapia.
Despois de que dirixentes como a secretaria de Organización da formación morada, Lilith Verstrynge, asegurasen que Amancio Ortega "non é un filántropo", senón un "evasor fiscal", Tellado cuestionou ests afirmacións.
Así, dixo que hai que "agradecer" doazóns deste tipo. "Non entendemos os ataques e insultos dunha parte do Goberno do Estado", asegurou respecto da doazón feita pola Fundación Amancio Ortega.
Ademais, instou á vicepresidenta Yolanda Díaz a "pedir desculpas" polas declaracións efectuadas por cargos de Podemos. E é que Tellado puxo en cuestión que, por unha banda, "se acepte" a doazón e, por outro, "se ataque" ao doante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.