Arrinca o 'Proxecto Nós' para situar o galego nas contornas dixitais e de intelixencia artificial

A iniciativa, que se proxecta a medio-longo prazo, prevé mobilizar entre 13 e 15 millóns de euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/10/2021 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

Galicia dá o pistoletazo de saída ao 'Proxecto Nós', un plan ambicioso no que a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela traballarán man a man co obxectivo de situar a lingua galega nas linguaxes e contornas dixitais, especialmente en materia de intelixencia artificial.

Román Rodríguez e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, presentan o acordo para impulsar o Proxecto Nós
Román Rodríguez e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, presentan o acordo para impulsar o Proxecto Nós | Fonte: Conchi Paz - Xunta de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, a directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o reitor da USC, Antonio López, subscribiron este martes o acordo polo que se iniciará a primeira fase deste proxecto.

O convenio representa un primeiro investimento de 150.000 euros para arrincar esta fase inicial no desenvolvemento da iniciativa, que permitirá dar os primeiros pasos para definir, deseñar e elaborar a planificación cunha proposta inicial da estratexia tecnolóxica. Os principais actores do proxecto serán o Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

Ambas as entidades traballarán na catalogación dos recursos dispoñibles para avanzar no deseño das diferentes partes do 'Proxecto Nós' en dúas grandes áreas: procesamiento de voz e procesamiento de texto. Deste xeito, definirán os equipos de traballo, as estratexias de coordinación entre eles e as metodoloxías de seguimento e avaliación da calidade, tanto dos recursos como das ferramentas resultantes.

O proxecto avanzará cun horizonte enfocado no medio ou longo prazo, aínda que a velocidade e avance das propostas dependerá do éxito da súa candidatura para captar fondos europeos a través do programa 'Next Generation', segundo lembrou o propio Román Rodríguez.

É por iso que a Xunta confía en contribuír ao proxecto de país no marco destes fondos anunciado recentemente polo Goberno da España para desenvolver as tecnoloxías da lingua e, en concreto, a aplicación da intelixencia artificial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta