A Xunta sinala a "transparencia total" en datos sobre residencias e PSdeG di que as cifras reais "desaparceron"

A deputada socialista, Marina Ortega, recriminou á Xunta que na pandemia "tiveron a indecencia de mentir" ao xuntar os datos de discapacidade "cando falaban de residencias", "porque saben que falando só das residencias de maiores os datos non son bos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu a "transparencia total" coa que a Xunta ofrece datos de contagios en residencias "desde o principio ata o fin" da pandemia.

No pleno do Parlamento galego, a deputada socialista Marina Ortega denunciou que a Xunta "oculta" datos sobre a incidencia da covid en cada residencia. Así, censura que as cifras oficiais "desapareceron" da web do Goberno galego.

A continuación, Ortega recriminou á Xunta que na pandemia "tiveron a indecencia de mentir" ao xuntar os datos de discapacidade "cando falaban de residencias", "porque saben que falando só das residencias de maiores os datos non son bos".

En resposta, a conselleira asegura que se ofrecen datos con "transparencia total" por "convicción" e "respecto ás familias". "Púidose seguir coa máxima periodicidade a evolución da pandemia, centro a centro, os novos contaxios, as curacións e tamén, desgraciadamente, os falecementos", asegura.

Ademais, García sostén que Galicia "foi unha das comunidades autónomas da Península onde menos dano fixo o coronavirus nas residencias, o cal non significa que non fixese dano". Agora, chama a "mirar para adiante".

De feito, a conselleira de Política Social acusou ao PSdeG de "un intento de avivar polémicas artificiais", pois "todos os galegos poden saber en que residencias hai positivos", segundo di, con máis "precisión, claridade e periodicidade" que os datos que ofrece o Goberno central.

Pola súa banda, a deputada socialista tamén pediu información sobre o novo modelo residencial que a Xunta prevé pór en marcha, á vez que pide que "poña máis persoal" no canto de "robots". "Galicia non é Matrix, baixen á realidade", espetou Marina Ortega.


Residencia de maiores Coviastec, en Silleda / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Residencia de maiores Coviastec, en Silleda / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta