Galicia comeza a quedar sen auga

A demarcación de Miño-Sil está ao 40,8% da súa capacidade e a de Galicia Costa, ao 52,9%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 22:38

Comparte esta noticia

Os encoros da demarcación de Miño-Sil están ao 40,8% da súa capacidade e no caso de Galicia Costa ao 52,9%, segundo informa o Ministerio de Transición Ecolóxica. Unha situación que é complicada para unhas demarcacións que sempre están por riba do 50% da súa capacidade.

En concreto, o de Miño-Sil rexistra unha reserva de 1.235 hectómetros cúbicos e o Galicia Costa, 362, o que supón un total de 1.597 hectómetros cúbicos de auga embalsados.

No conxunto do Estado, a reserva hídrica española está ao 38,8 por cento da súa capacidade total. Os encoros almacenan actualmente 21.789 hectómetros cúbicos de auga, diminuíndo na última semana en 226 hectómetros cúbicos.

O encoro de Belesar, a 22 de agosto de 2021, en Lugo. Carlos Castro - Europa Press
O encoro de Belesar, a 22 de agosto de 2021, en Lugo. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta