A Xunta fomenta o aproveitamento sustentable de resina nos piñeirais galegos

Di que a resina é un produto moi valorado polas súas propiedades químicas.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/10/2021 | Actualizada ás 22:42

Comparte esta noticia

A Xunta traballa cos propietarios forestais, os resineiros e os investigadores para fomentar o aproveitamento sustentable de resina nos piñeirais galegos. Só este ano está previsto aproveitar este recurso nuns 100.000 piñeiros de toda a comunidade.

Así o trasladou o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a súa visita a unha explotación forestal resinera en montes veciñais mancomunados de Mougás, na localidade pontevedresa de Oia.

O titular de Medio Rural destacou que a resina é un produto moi valorado polas súas propiedades químicas e os seus usos asociados, por exemplo na produción de vernices, adhesivos e outros aditivos e tamén é un compoñente habitual de cosméticos, perfumes ou incenso.

Dado este potencial, o conselleiro remarcou que a Xunta, a través do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, abriu hai uns anos diferentes liñas de traballo centradas neste aproveitamento da resina, tendo en conta as particularidades do monte en Galicia e a súa compatibilidade co aproveitamento madeireiro.

Así, están a realizarse ensaios para mellorar a tecnificación e a mecanización dos labores de extracción, co fin de aumentar os rendementos, incrementar a súa calidade, baixar os custos e desenvolver un aproveitamento madeira-resina compatible e complementario, para que resulte máis atractivo economicamente, tanto para os propietarios como para os silvicultores.

Plantación de piñeiros nun piñeiral
Plantación de piñeiros nun piñeiral | Fonte: entalud.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta