Queres seguir a Gala dos Premios Martín Códax da Música?

Este 27 de outubro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá os prestixiosos galardóns.

Por X.M. Fernández | Pontevedra | 27/10/2021 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

As condicións de aforo do Pazo da Cultura de Pontevedra, e dadas as restricións actuais, permitiron sacar algunhas prazas para o público xeral que aínda poda e queira asistir á gala.

VIII Gala dos Premios Martín Códax da Música
VIII Gala dos Premios Martín Códax da Música

Aqueles que queiran estar presentes na VIII edición dos premios máis importantes da música galega poderán intentar conseguir unha butaca escribindo un correo electrónico a info@trisquelia.com antes das 13:00 h. indicando o nome completo e un teléfono de contacto ou tamén achegándose ao propio pazo ás 19:30 h.

As/os que non puideran facerse con esa entrada para acceder ao Pazo da Cultura de Pontevedra teñen a oportunidade de seguir a Gala dos Premios en directo a partir das 21:00 h. na web http://www.premiosmartincodaxdamusica.gal/

As persoas encargadas da dirección musical da VIII Gala dos Premios Martín Códax da Música son Carmen Rey e Ramón Bermejo, dúas grandes figuras da música galega, coa colaboración de Lucas Rei Ramos e Manuel Abraldes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta