A "lei do sablazo da auga" da Xunta axita o debate parlamentario

O BNG acúsaos de "impor" unha lei que eleva prezos mentres que o PP se defende dicindo que incorporará "algunhas" enmendas externas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este mércores que o Goberno galego incorporará "algunha" das alegacións recibidas á futura lei do ciclo da auga, unhas achegas que "estuda" nestes momentos. Así o destacou este mércores a conselleira durante o pleno do Parlamento de Galicia, no que deu resposta a unha interpelación formulada polo deputado nacionalista Luís Bará, quen advertiu de que o Goberno galego "vai por mal camiño" se pretende "impor" este proxecto que cualificou de "lei do sablazo da auga".

Na súa intervención, Ethel Vázquez destacou que a Xunta actúa con "a maior transparencia" como demostra o feito de que ampliase "por dúas veces" o prazo de consulta pública. "É un exercicio de transparencia e diálogo sen precedentes para esta lei", indicou. Por iso, acusou ao BNG de ter un "afán permanente de desgaste" con "mentiras e premisas falsas". "Esta lei é para protexer a calidade da auga e vostedes utilizan a mentira facilona de falar do recibo", criticou a conselleira.

Así mesmo, subliñou que para a Xunta "gobernar" significa "afrontar" os problemas "alí onde os hai". "Para nós o fácil sería mirar para outro lado, poderiamos deixar aos concellos á súa sorte e que afrontasen eles sós este tema", sinalou para insistir en que a Xunta "está aí para axudar" aos consistorios na "esta tarefa complicada".

"NON VALEN SOLUCIÓNS UNILATERAIS"

En fronte, o deputado do BNG Luís Bará sostivo que o problema da auga necesita dunha "posición de país" na que participen "todas as administracións e a sociedade". "E non valen solucións unilaterais impostas que están condenadas ao fracaso", sostivo. Neste sentido, considerou que "a Xunta vai por mal camiño se pretende impor ese proxecto" ao que se referiu como a "lei do sablazo da auga". "Naceu mal, cun importante déficit de diálogo e participación" e por iso tivo "unha resposta contundente" da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), sinalou.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno da Cámara galega. XUNTA
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno da Cámara galega. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta