A Xunta afirma que Galicia non ten "un problema industrial" senón "enerxético" e culpa de novo ao Goberno central

Francisco Conde insiste en que "sen prezo estable e competitivo" da enerxía Alu Ibérica A Coruña "non ten futuro".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, insistiu en que "sen prezo estable e competitivo" da enerxía, a planta de Alu Ibérica na Coruña (antiga Alcoa) "non ten futuro".

En resposta a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Ramón Fernández durante o pleno celebrado este mércores no Parlamento galego, o responsable económico do Goberno autonómico responsabilizou volveu dirixir as responsabilidades da crise industrial de Alu Ibérica e outras empresas como Alcoa ou Ence cara ao Executivo central.

"Se o Goberno non fai algo para que Alu Ibérica poida competir en igualdade de condicións estaremos máis preto do peche", incidiu Conde, que puxo o acento en que Galicia non ten un "problema industrial" senón "enerxético" e que está motivado pola "inacción" e as "contradicións" da Administración central.

Conde reiterou que o problema de Galicia non é industrial, senón enerxético, causado pola transición enerxética inxusta e desordenada que está a levar o Goberno central e que comezou en 2018 coa falta dunha solución para a industria electrointensiva."Lamentablemente temos un goberno que ten en xaque a Ence, Alu Ibérica e Alcoa por unha política enerxética que vostedes avalan", aseverou o número tres da Xunta.

CHEIRE EN IKF, A GUARDA

Por outra banda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, defendeu que a Xunta non ten capacidade para articular unha mesa de negociación entre a dirección da compañía IKF e os seus traballadores da planta da Guarda, que suman 46 días de folga pola imposición dunha dobre escala salarial en aplicación do convenio sectorial para os novos empregados.

Tras a pregunta do deputado nacionalista Manuel Lourenzo, que advertiu que os cambios implicarín diferenzas salariais "de entre 5.000 e 9.000 euros anuais" para traballadores que desempeñan "as mesmas funcións", a conselleira defendeu que a Xunta mantén contactos coa compañía e comité de empresa desde o verán, pero que carece de instrumentos a nivel legal para convocar unha mesa de negociación.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no pleno. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no pleno. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta